O 1º número da revista “Foro Galicia e Valle-Inclán” preséntase este venres 14 na Cidade da Cultura de Santiago

11 Febreiro 2025
Presentación da revista celebrada en novembro na Pobra, con Antonio González Millán, Xaquín del Valle-Inclán, José Carlos Vidal (alcalde da Pobra) e Patricia Lojo (concelleira de Cultura da Pobra)

Este venres 14 de febreiro a Cidade da Cultura vai acoller a xornada de presentación do número inaugural da revista Foro Galicia e Valle-Inclán. Publicación de Estudos sobre Ramón del Valle-Inclán, promovida por esta entidade homónima, presidida polo pobrense Antonio González Millán. A cita será este venres a partir das 12:30 h, na aula 1, da Cidade da Cultura de Galicia.  

O Foro Galicia e Valle-Inclán é un proxecto de interese integrador, xurdido do empeño pola democratización da investigación e do coñecemento en col da biografía, xenialidade e obra literaria do escritor máis internacional de Galicia. En síntese, da necesidade de promover a salvagarda do rigor, o estudo das fontes contemporáneas e a divulgación do fenómeno cultural valleinclaniano alén de cativos localismos impropios ao ronsel dun artista universal.

Para os impulsores do foro, Ramón del Valle-Inclán é ese gran artista da palabra cuxa identidade e estilo poliédricos non precisan de pseudónimo para ser recoñecido dentro das letras mundiais. “O seu protagonísmo e carácter internacional son produto dun sobranceiro intercambio de experiencias humanas e literarias que gardan especial relación con Galicia, mais maceradas intelectualmente co estímulo, aprendizaxe e reforzo daquelas nacións nas que descobre e cultiva estilos e ideas que conforman o sentido do mundo que contemplamos ao longo da súa traxectoria”, sinalan.

O sumario deste primeiro exemplar inclúe traballos de investigación de Herminio Valdecañas, Notas de amizade e manuscritos: Rubén Darío e Ramón del Valle-Inclán; Víctor Viana Pedro Seoane Varela; e Xaquín del Valle-Inclán, Epitalamio, a crítica e un dó non celebrado. Trátase dunha revista en edición bilingüe, ao estar destinada ás persoas lectoras de Galicia e das Comunidades de España, así como do exterior, con patrocinio da Dirección Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Xunta de Galicia. Sendo responsábel da coidada tradución ao galego Rocío Viéitez Ferro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.