Muros recupera o cine no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil grazas a un novo proxectos dixital

08 Febreiro 2025

O Concello de Muros, a través da súa Concellería de Cultura, volverá a proxectar cine no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros, recuperando así esta oferta cultural despois de máis de dez anos sen proxeccións cinematográficas regulares no municipio.
Este regreso do cine faise posible grazas á adquisición dun proxector dixital profesional, financiado ao abeiro dunha subvención do AGADIC para a Modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, da que o Concello de Muros foi beneficiario xunto a outros 26 concellos de toda Galicia.
A concelleira de Cultura, Caridad González, destaca a importancia deste avance para a vida cultural de Muros: “Recuperar o cine é unha grande noticia para o noso concello. O audiovisual é unha ferramenta cultural imprescindible, e contar cun proxector dixital profesional permítenos ampliar a nosa oferta e dar resposta a unha demanda da veciñanza. Queremos que o cine volva a ser un punto de encontro para a xente de Muros, cunha programación variada e de calidade.”
Proximamente comezará a programación de cine no Auditorio, con propostas para distintos públicos e idades. O obxectivo do Concello é converter o espazo nun lugar de referencia para a proxección audiovisual, tanto con filmes comerciais como con propostas culturais ou ciclos temáticos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...