Marín acolle a clausura da nova edición de “21 días co galego e +” que mergullou a dez centros educativos no uso da lingua

21 Febreiro 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o secretario xeral de Lingua clausuraron este 21 de febreiro a nova edición do programa autonómico de inmersión lingüística 21 días do galego e +, coincidindo coa celebración do Día da Lingua Materna, no Colexio do Carballal en Marín, participante nesta edición. O conselleiro salientou a relevancia de “impulsar unha maior presenza do galego nas propostas de lecer para a rapazada para incrementar o seu uso e prestixio” e cualificou de imprescindíbel “fortalecer o seu uso nos espazos presenciais e dixitais de socialización”. Recordar que este programa foi argallado en orixe pola profesora Pilar Ponte do IES da Pobra, presente no acto deste venres en Marín.

Lembrou que esta iniciativa foi posta en macha o pasado 31 de xaneiro e que nesta edición desenvolveu durante tres semanas consecutivas obradoiros de regueifas, contacontos e actuacións musicais na nosa lingua nunha decena de centros de Educación Infantil e Primeira das catro provincias, contando coa implicación de preto de 4.000 persoas entre alumnado, profesorado e persoal administrativo e servizos.

López Campos agradeceu a implicación e o traballo do profesorado a prol do galego e considerou que esta entrega se reflicte tamén, tanto nas cualificacións académicas, “en equilibrio coas de Lingua Castelá”, como no feito de que “se está a demostrar que están garantidas as plenas competencias no seu uso”.

En concreto e baixo o lema Medrando en galego, o alumnado dos colexios que tomaron parte nesta sétima edición intensificaron a súa expresión en galego durante estes 21 días cun obradoiro de regueifa impartido por Lupe Blanco, un contacontos a cargo de Celso Sanmartín e o espectáculo musical A voar de César Freirías Prado e a Cé Orquestra Pantasma.

O desenvolvemento de todas estas propostas quedarán nas redes sociais do programa e no seu blog 21diascogalegoemais.gal, o soporte central da iniciativa, onde se foron mostrando as creacións. Ademais, durante as tres fins de semana de duración do programa publicouse contido lúdico para que as familias continuasen o labor iniciado nos centros.

21 días co galego e + mantivo a colaboración co programa Galicia por diante, da Radio Galega, onde tivo unha sección diaria de luns a xoves, e co programa Dígocho eu!, da CRTVG, que celebrou encontros co alumnado dos 10 centros educativos. O alfinete de ouro da edición porao de novo o III Encontro 21 días co galego e +, que reunirá o vindeiro 25 de febreiro o alumnado e profesorado de todos os centros participantes no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela para compartir as súas experiencias nunha sesión lúdica.

Neste curso, o programa desenvolveuse nos colexios Francisco Vales Villamarín (Betanzos), Emilio González López (Cambre) e o La Grande Obra de Atocha (A Coruña), na provincia da Coruña; no Albeiros e no Illa Verde en Lugo; no Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras) e o Manuel Respino (A Rúa), na provincia de Ourense, e no centro do Carballal (Marín), de Sequelo (Marín) e no Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas), da provincia de Pontevedra.

Esta iniciativa de dinamización lingüística naceu para estimular o uso do galego no alumnado e perfeccionalo dentro e fóra das aulas. Ten a súa orixe nunha experiencia que se puxo en marcha desde 2013 no Instituto da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte, e que mesmo chegou a recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística, en 2016 un recoñecemento da Real Academia Galega e no 2019 o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua. Desde o ano 2019 foi asumido pola secretaría xeral da Lingua e a el adhírense os centros educativos de xeito voluntario.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...