Este luns, San Teodoro, Galicia situarase nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, con ventos predominantes do sur. Nesta situación, espérase unha xornada de tempo seco, con néboas en áreas do interior, algunhas delas persistentes, e presenza de nubes de tipo medio e alto.
As temperaturas mínimas rexistrarán un lixeiro descenso no leste da comunidade, mentres que no resto manteranse estables. Pola súa banda, as temperaturas máximas non experimentarán cambios significativos (18 graos). Os ventos soprarán frouxos en xeral, aínda que no litoral atlántico alcanzarán intensidade moderada.

O noso mar: Vento do sur á mañá e do sur á tarde e á noite, forza 2 a 3 á mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 3.5 a 4 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



