Hugo Guezeta estará o venres 7 marzo na Pousada (Boiro) no marco da súa xira “O noso tempo”

20 Febreiro 2025

A xira de Hugo Guezeta vai adiantando novas datas. Baixo o nome de O Noso Tempo, e tras encher dous dos tres primeiros concertos de presentación do seu novo disco, o rapeiro galego continúa avanzando novas paradas do seu espectáculo en vivo. O próximo venres 7 de marzo actuará na sala A Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O concerto arrancará ás 22:30h. Baixo o nome homónimo do disco, Hugo presentará en directo o seu primeiro álbum, un traballo que leva adiantando dende finais do año pasado e que viu a luz o pasado 22 de novembro. As entradas para este concerto e o resto das datas de presentación en salas están á venda en Enterticket.es.

O artista galego chega á Pousada da Galiza Imaxinaria tras presentar o seu primeiro disco, O Noso Tempo, que acumula xa varios centos de milleiros de reproducións en plataformas e cartaces de vendido en grandes recintos como a sala Rebullón de Mos ou a sala Sónar de Santiago de Compostela. Tras grandes colaboracións con Dakidarría, SonDaRúa, Nadie González, Temible Olivina ou Peter Petrowski, Hugo Guezeta está dando o salto ao escenario e trasladando a súa música ao directo, propoñendo un show que se caracteriza pola enerxía e versatilidade do rapeiro.

Venres, 7 de marzo – BOIRO – A Pousada da Galiza Imaxinaria
Apertura de portas: 22:00h.
Prezo: 12€ +gx anticipada / 16€ billeteira

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.