Filoloxía da USC lanza unha web para facilitar a restitución dos apelidos galegos ás súas formas orixinais

14 Febreiro 2025

Entroncando coa iniciativa presentada os días pasados pola Real Academia Galega (un recurso en liña para saber a versión correcta e non deturpada dos nosos apelidos con vistas a restituír as versións orixinais), a Facultade de Filoloxía da USC elaborou un web con toda a información necesaria para facelo. Foi presentada este xoves 13 de febreiro polo vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo; a vicedecana da Facultade, Elsa González Álvarez, e a catedrática e académica da RAG Ana Boullón.

Deturpacións estendidas e variadas

Na presentación fíxose saber que a maioría dos apelidos de Galicia teñen orixe en nomes de lugar (Piñeiro, Carballedo, Souto, Maceira, Caxade, Seixo, Castro, Vilar, Dopazo, Dacosta, Dafonte, Carreira, Coruña, Viaño, Ribeiro, Saiáns, Laxe, Quintas, Outeiro, Goiáns, Carrodéguas…), de persoa (Rodríguez, López, González, Estévez, Lois, Lourenzo, …) ou en nomes que reflicten características dalgún tipo (Louzao, Rubio, Rouco, Calvo, Mouriño, Pita…) ou oficios e cargos (Ferreiro, Taberneiro, Besteiro…). Dado que o corpus dos apelidos provén da Idade Media e que daquela en Galicia a lingua de uso maioritario era o galego, a gran maioría son galegos.

Mais a partir do século XVI o galego desapareceu como lingua dos documentos oficiais, substituído polo castelán. Dende daquela, algúns apelidos foron traducidos e outros alterados na ortografía ou na morfoloxía para facelos máis parecidos ao castelán.

A web

Sobre a base do buscador da RAG, que abrangue os 6.000 apelidos máis frecuentes en Galicia para poder comprobar se un apelido é galego e como se escribe correctamente. a comisión de normalización lingüística da Facultade de Filoloxía presentou este xoves unha web que achega toda a información necesaria para restituír os apelidos á súa forma galega correcta, algo que dende o ano 2011 permite a Lei do Rexistro Civil pero que moita xente descoñece.

Tal e como explicaron, calquera persoa inscrita no rexistro civil pode solicitar a adecuación dos seus apelidos ás particularidades lingüísticas do galego, “en calquera momento, de forma gratuíta, sen que sexa preciso alegar causa ningunha ou xustificar o uso habitual dese apelido na vida cotiá”.

Para animar á restauración correcta dos apelidos galegos, a comisión puxo en marcha unha campaña audiovisual na que tamén convida a todas as persoas a elaborar un pequeno vídeo no que contar a súa experiencia persoal nese proceso.
 

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.