Este venres arrincan as celebracións do Entroido de Ribeira con música na rúa en Santa Uxía e en Oleiros

28 Febreiro 2025
O equipo de Goberno do Concello presentando o cartaz

A programación do Concello de Ribeira polo Entroido comezará o venres 28 de febreiro con música na rúa, dende as 21.00 até a medianoite en Ribeira coa charanga Os Celtas da Baña; e coa charanga Charandonga en Oleiros a partir das 18.00 horas.

O sábado 1 de marzo celebrarase na Festa Infantil do Entroido das Amas de Casa, será no Liceo Marítimo de Ribeira a partir das 17.00 horas. Contarase con DJ, desfile, chocolate con churros e lambetadas. A entrada será de balde. Organiza Amas de Casa de Ribeira coa Concellería de Cultura. Na mesma xornada do sábado haberá unha sesión de DJ con Diego Terceiro dende as 23.00 horas até as 3.00 horas, en Bandourrío.

Sen saírnos do sábado 1 de marzo, o Entroido tamén se celebrará a tope en Palmeira, no Pavillón Alcalde Torres Colomer de Palmeira a partir das 12 do mediodía. Haberá sesión vermú con Os Chispas, laconada, charanga, actuación de DJ e Enterro do Felipe.

Na mesma xornada do sábado haberá música na rúa nas parroquias: en Castiñeiras con Charandonga dende as 12 do mediodía, que tamén estará en Carreira a a partir das 17.00 horas; en Palmeira en en Olveira coa charanga Fanfarria Furruxa (a primeira hora da tarde e polo serán); e en Ribeira a partir das 22.00 con Os Celtas da Baña.

O domingo 2 de marzo volverá a haber música na rúa. Actuarán Os Celtas da Baña (en Aguiño ao mediodía), Fanfarria Furruxa (en Artes ao mediodía) e Gárgolas (en Corrubedo a partir das 12.30).

Celebrarase tamén o domingo o tradicional Concurso, Desfile e Festival de Murgas e Comparsas. Ás 17.00 horas sairán do novo Auditorio Municipal as murgas e as comparsas, acompañadas no desfile pola Charanga BB+ e Latexo Percusión, así como unha morea de personaxes que advertirán ao cidadán dos perigos de andaren a soas polas rúas. Desfile por Constitución, Estatuto, Rosalía de Castro, Galicia, García Bayón, Malecón, Romero Ortiz e Manzanares ata a Carpa do Entroido.

Pola noite haberá festival na Carpa do Entroido de Bandourrío. As murgas adultas competirán no festival por un primeiro premio de 1.000 €, un segundo premio de 600 €, un terceiro premio de 400 € e un premio á mellor murga local de 800 €. Presentará o desfile a artista e influencer local Nuska Chousa. As bases do certame ao completa pódense consultar na web municipal, www.ribeira.gal.

Ademais, haberá Festa Infantil de Entroido no Liceo a partir das 17.00 horas, con animación musical, desfile, lambetadas e moita diversión. Entrada de balde. Organiza Liceo Marítimo de Ribeira coa Concellería de Cultura. Na mesma xornada do domingo, celebrarase o Baile de Entroido en Artes (no Centro Recreativo a partir das 18.00 horas da man do Centro Recreativo e a Concellería de Cultura e coa actuación do Trío Musical D13).

O luns 3 de marzo comezará a súa actividade o Expreso do Entroido, un tren infantil que percorrerá as distintas rúas da cidade. Saída e chegada da praza do Concello, de 16.30 a 19.30 h. A entrada será gratuíta. A primeira hora será de acceso preferente para persoas neurodiverxentes.

A troula do martes 4 de marzo comezará pola tarde coa Choqueirada Infantil e o Concurso de Disfraces (entre as 17 e as 20h) da Carpa do Entroido en Bandourrío, cita acompañada por animadores, inchábeis, lambetadas, obradoiros variados e DJ.

O desfile e concurso de disfraces será ás 7 e media da tarde do martes. A rapazada que queira participar no Concurso de Disfraces deberá desfilar na pasarela e enviar fotografía a comercio@ribeira.gal. Haberá 5 premios de vales de 100 € para gastar no comercio local.

O mércores 5 de marzo tamén estará activo o Expreso do Entroido, con saída e chegada da praza do Concello, de 16.00 a 19.00 h. Volvera a música na rúa con Os Celtas da Baña (en Ribeira a partir das 18.30h). Logo será a quenda do Enterro do Felipe, coa saída do acompañamento fixada para as 19.30 horas dende a Capitanía Marítima. A comitiva terá o seguinte percorrido: Malecón, Concordia, rúa Galicia, Santa Uxía, Alcalde Fernández Bermúdez, Rosalía de Castro, Galicia, Manzanares ata chegar á praza dos Mariñeiros onde terá lugar a queima con fogos de artificio. Acompañados da Charanga Os Celtas da Baña. Os choróns e choronas que acudan á comitiva poderán participar no concurso de disfraces e optar a premios de 100 € (individual) e 300 € (grupo). A continuación celebrarase unha degustación de doces de Entroido na Carpa do Entroido en Bandourrío. Colabora: Asociación social e cultural de Bandourrío.

Outros artigos

Xoves 17, brétemas costeiras con ceo aberto e baixa da temperatura

Galicia irá perdendo progresivamente a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse brétemas costeiras e bancos de néboa en zonas do interior, que darán paso a ceos máis abertos na metade sur. As temperaturas sufrirán un moderado descenso, especialmente as...

+

Comeza este venres a “LXXVII Festa da Dorna” 2025

O municipio de Ribeira acollerá desde o 18 ao 24 de xullo unha nova edición da Festa da Dorna. As dornas forman parte da vida cotiá dos veciños do municipio ribeirense que manteñen viva a tradición por esta embarcación de pesca, tal é a importancia e representación...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.