En Rianxo o Concello destina un investimento de 250.000 euros á rehabilitación e renovación do Museo do Mar

27 Febreiro 2025

O Concello de Rianxo achegou esta semana detalles sobre o proxecto para rehabilitar e renovar o Muso do Mar, un proxecto para o que se contará cun investimento de 250.000€. A actuación forma parte da execución do Plan de Sostibilidade Turística Barbanza Arousa, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea – Nextgeneration UE. O alcalde, Julián Bustelo, destacou a importancia das obras que se levarán a cabo “nun museo que recibe cada ano centos de visitantes e no que non se volveu a intervir dende a súa apertura fai máis de 20 anos”.

Como lembraremos, o Museo do Mar sitúase nun edificio histórico da vila rianxeira, a Casa do Coxo. Consta de tres andares (soto, baixo e primeiro andar) nos que se abordan a actividade extractiva, as embarcacións tradicionais no seu quefacer socioeconómico e a construción das mesmas. No primeiro andar sitúase unha sala dedicada á recreación de embarcacións a través de maquetas, como era o seu proceso construtivo, o deseño, as ferramentas que empregaban e os distintos sistemas de propulsión. Acolle tamén este primeiro andar unha pequena biblioteca temática sobre o mar e a cultura marítima tradicional. O baixo acolle unha sala expositiva que achega a realidade do mar como camiño de comunicación. O soto recrea un taller tradicional de pequenas embarcacións.

O Museo do Mar, ademais da visita independente no seu horario de funcionamento, atende visitas guiadas e auto-guiadas, tanto para grupos organizados como para escolares ou visitantes individuais.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.