En Outes xa está operativa a nova iluminación do Campo de Fútbol do Conchido

19 Febreiro 2025

O Concello de Outes informou de que xa está en funcionamento a nova iluminación do Campo de Fútbol do Conchido, actuación que foi obxecto dun investimento de 51.004 euros.

Esta iniciativa engádese á renovación das luminarias do Pavillón Municipal, traballos que implicaron un investimento de 21.990 €.

Ambas as actuacións foron financiadas co POS+2023 da Deputación da Coruña.

O obxectivo non foi só optimizar o alumeado e a visibilidade nas ditas instalacións deportivas en horas de escasa luz natural, senón tamén avanzar en sustentabilidade con aparellos de iluminación máis eficientes que requiren menos gasto por parte do Concello.

Por certo que o Campo de Fútbol tamén será obxecto de novas melloras no verán, cando se renove o céspede artificial, aproveitando a interrupción temporal das diferentes ligas.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.