Duende Sico representa a obra “A mestra de lingua” ante a rapazada da Pobra (este xoves no Elma)

05 Febreiro 2025

Proseguen na segunda metade desta semana as actividades da Mostra de Teatro Escolar da Pobra do Caramiñal, edición 2025. Será este xoves 6 de febreiro no Teatro Cine Elma a partir das 11.00 horas. Representarase a obra A mestra da lingua, da compañía Duende Sico, dirixida ao alumnado de infantil  da gardería Monte Carmelo e das unitarias do Vilariño, Granxa e Campo-Angustia.

Trátase dun espectáculo teatral ambientado nunha aula onde a profesora Tomasa explica coa axuda dos seus simpáticos alumnos, a importancia de usar a lingua galega. Tamén explica de maneira sinxela, interactiva e visual como non deben ter prexuízos nin estereotipos sobre a lingua galega.

A través de xogos, contos, textos de autores infantís galegos, proxeccións e monicreques…. a profesora Tomasa fomenta entre os máis pequenos o uso da súa lingua, ao mesmo tempo que lles inculca o concepto de non ter prexuízos lingüísticos.

Organiza a concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.