Dodro honrará a Rosalía de Castro con música, marcapáxinas conmemorativos e o tradicional caldo de gloria nos establecementos

13 Febreiro 2025

O Concello de Dodro preparou unha intensa axenda de actividades para celebrar o Día de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro: unha axenda que achegará homenaxes á nosa poeta inmortal, vital e literariamente moi vencellada ás terras de Dodro. As actividades desenvolveranse entre o 21 e o 23 de febreiro.

O venres día 21 de febreiro, as cinco e media da tarde na Casa da Cultura, representarase o espectáculo Os Cantares de Rosalía con María Faltri. Trátase dunha cita musical para público familiar, pertencente á Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Tamén o día 21 na Biblioteca Municipal, centros de ensino e servizos municipais repartirán marca páxinas conmemorativos do Día de Rosalía.

Os días 21, 22 e 23 os establecementos hostaleiros do concello achegarán aos seus clientes degustacións do tradicional Caldo de Gloria en homenaxe a Rosalía de Castro (para quen non o saiba, o Caldo de Gloria está inspirado no poema Miña casiña, meu lar na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia)..

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.