Convocada concentración en defensa do sistema público de atención á dependencia

09 Febreiro 2025

As organizacións Comisións Obreiras (CCOO), Colexio Oficial de Traballo Social (COTS) e Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), integrantes do Consello Galego de Benestar Social (CGBS), convocan unha concentración o luns 10 de febreiro, ás 11:00 horas, diante da sede da Xunta de Galicia en San Caetano, Santiago de Compostela. O obxectivo é reivindicar a defensa do sistema público de atención ás persoas dependentes.

Dende novembro de 2024, estas organizacións solicitaron a comparecencia da conselleira de Política Social, Fabiola García, nun pleno urxente do CGBS. Ademais, recentemente pediron unha reunión coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para abordar os cambios introducidos pola Lei de medidas fiscais e administrativas vinculada ao Proxecto de Orzamentos da Xunta para 2025. Estas modificacións afectan negativamente ao procedemento de recoñecemento das situacións de dependencia e discapacidade, ademais de poñer en risco as funcións do CGBS.

Máis dun mes despois da publicación destas mudanzas, as profesionais comunitarias dos concellos seguen sen recibir información nin ter reunions ao respecto, unha situación que as organizacións consideran inaceptable. A falta de resposta por parte da conselleira é preocupante, especialmente cando a tramitación da Dependencia está nunha situación crítica: cada mes, unha media de 30 persoas falecen agardando resposta.

Galicia presenta a taxa máis baixa de solicitudes de Dependencia de todo o Estado: só 18 de cada 100 persoas dependentes a solicitan, moitas delas desmotivadas pola falta de medios e os constantes cambios lexislativos. Ademais, as organizacións denuncian a tentativa da Consellaría de desviar a responsabilidade da xestión cara aos profesionais do sector, insinuando que os atrasos se deben á mala praxe destes, cando en realidade están sobrecargados de traballo pola falta de persoal.

A situación agrávase coa publicación de contidos nos medios de comunicación que promocionan a atención privada, unha estratexia que, segundo denuncian, busca ocultar as deficiencias do sistema público e impulsar a privatización.

Ante a falta de resposta da Xunta, CCOO, COTS e SLG-CCLL chaman á cidadanía a participar na concentración do 10 de febreiro para esixir solucións e defender un sistema público de atención á dependencia digno e de calidade. As organizacións rexeitan a precarización e privatización do servizo, así como o desmantelamento do CGBS, reivindicando que “sen coidados non hai dignidade”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...