Celebrada en Santiago a Olimpíada Informática Galega

17 Febreiro 2025

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas (Universidade de Vigo – UVigo, Universidade da Coruña – UDC, e Universidade de Santiago – USC), celebrou este domingo 17 de febreiro a Olimpíada Informática Galega 2025 (OIG 2025) na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC.

No certame participaron 18 estudantes de educación secundaria (ESO), bacharelato e formación profesional de grao medio de toda Galicia, procedentes de nove centros educativos e residentes na Coruña (1 participante), Vigo (1), Ribeira (1), Santiago de Compostela (6), Brión (2), Negreira (2), Burela (1), O Porriño (2), Redondela (1), Vedra (1).

En representación da nosa comarca e de Ribeira participou o estudante Xoel Ageitos Somoza, do IES Nº 1 de Ribeira, que tamén estivo presente na edición do ano pasado resolvendo boa parte dos retos de programación propostos.

Os gañadores foron, en primeira posición, David Lago Alonso, estudante do IES Pedro Floriani de Redondela; e no segundo posto Artai Isasi Vázquez, estudante do IES de Sar de Santiago.

Os premios foron os seguintes:

-1º clasificado: David Lago Alonso. IES Pedro Floriani de Redondela. 400 euros e asistencia á XXIX Olimpíada Informática Española.

-2º clasificado: Artai Asasi Vázquez. IES de Sar de Santiago. 300 euros e asistencia á XXIX Olimpíada Informática Española.

-3º clasificado: Hugo Domínguez Conde (de Vedra). CPR Manuel Peleteiro de Santiago. 250 euros.

-4º clasificado: Hugo Gorgojo Basanta. IES Perdouro de Burela. 200 euros.

-5º clasificado: Nicolás Freiría Casal. IES Ribeira do Louro do Porriño. 200 euros.

-Mellor rapaza clasificada: Rocío Pérez-Muñuzuri Fernández. CPR Manuel Peleteiro de Santiago. 150 euros.

-Mellor estudante da ESO: Laura Souto Bravos. CPR Manuel Peleteiro de Santiago. 150 euros.

Os dous primeiros clasificados na OIG 2025 acceden de xeito directo á fase nacional da XXIX Olimpíada Informática Española (OIE), que se celebrará do 4 ao 6 de abril de 2025 na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (FIC) da UDC, primeira vez que a olimpíada española se celebra en Galicia, evento que tamén contará coa colaboración do CPEIG para a súa organización. De aí, os gañadores poderán acceder á 37ª Olimpíada Informática Internacional, que se celebrará do 27 de xullo ao 3 de agosto en La Paz (Bolivia).

A OIG 2025 está patrocinada por diversas entidades e empresas do sector TIC: Apser Cloud Services, AWS, Clúster TIC Galicia, Denodo, Dinahosting, DXC Technology, PuntoGal, GDI, Mindata, Minsait, NTT Data, Oracle, Sixtema e Veritas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...