Carlos Callón presentará na Libraría Couceiro un proxecto de camisolas inspiradas no seu libro “Vidas e historias LGBT da Idade Media”

06 Febreiro 2025

O escritor Carlos Callón (Castiñeiras, Ribeira, 1978) vai estar este 7 de febreiro en Santiago, na Libraría Couceiro, para presentar un proxecto de camisolas inspiradas no libro Vidas e historias LGBT da Idade Media: un acto de reivindicación e visibilidade fronte aos ataques homófobos e tránsfobos dos que foron obxecto o propio libro e o autor e, por extensión, calquera obra creativa (malia o que supostamente se ten avanzado na sociedade na que vivimos) que aposte pola liberdade e o respecto pola diversidade sexual.

As camisolas céntranse nas historias de Urso e Rufino (de Taragoña, probábeis amantes, aprox. séc. III) e de Pedro Díaz e Munio Vandílaz (de Rairiz de Veiga, século XI, o matrimonio documentado entre homes máis antigo na Península Ibérica).

Lugar: Libraría Couceiro (praza de Cervantes, 6, Santiago de Compostela).

Día: Mañá, 7 de febreiro de 2025. 

Hora: 12h.

Participarán:

– Xurxo Ayán, arqueólogo que estudou a lápida sepulcral de Urso e Rufino, e investigador da Universidade Nova de Lisboa.

– Daniel Portela Macua, fundador da empresa Acontravento, creadora das camisolas.

– Carlos Callón, autor do libro Vidas e historias LGBT da Idade Media e profesor da USC.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.