Bioloxía da USC desenvolverá ferramentas para detectar a distribución da alga asiática invasora en Galicia, co apoio da Consellería do Mar

25 Febreiro 2025

A coñecida como Rugulopteryx okamurae é unha alga asiática invasora causante de graves impactos que se detectou por primeira vez en Galicia no verán de 2024 nalgunhas zonas da costa da Coruña. Coa finalidade de “proporcionar ferramentas que permitan avaliar a distribución desta especie Galicia de forma rápida e práctica”, a Universidade de Santiago pon en marcha un proxecto coa Consellería do Mar. Este martes o reitor da USC, Antonio López, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presentaron os detalles desta colaboración.

A través do acordo para a realización do proxecto ALGASDET, de máis de 200.000 euros e un prazo de execución de tres anos, implementarase unha ferramenta para facilitar a detección de R. okamurae estudando o ADN de mostras ambientais (auga, sedimento). Ademais, crearase unha base de datos de secuencias de ADN, determinarase o mellor fragmento do ADN para detectar R. okamurae, analizarase a sensibilidade do método e avaliarase a distribución actual da invasora en Galicia. A ferramenta será transferida ás institucións encargadas de monitorizar as costas galegas.

Segundo fixeron saber as coordinadoras do proxecto ALGASDET (Novas ferramentas para detectar a alga invasora Rugulopteryx okamurae mediante ADN ambiental), “urxe coñecer a súa distribución en Galicia, pero detectala é difícil polo seu parecido a un alga nativa e porque crece maioritariamente no submareal”.

Ademais de achegar datos sobre a evolución actual desta especie no territorio, con este acordo búscase informar o sector pesqueiro sobre este novo problema para tentar que a especie non se expanda por toda a costa galega a curto prazo debido ao descoñecemento dos riscos inherentes ás actividades pesqueiras. Para iso, impartiranse charlas e obradoiros para sensibilizar non só o sector senón tamén a sociedade sobre a problemática relacionada con R. okamurae, e para ensinar como recoñecer a invasora.

As actuacións realizaranse en colaboración coa Universidade da Coruña, a Federación Galega de Confrarías de Pescadores, e as Confrarías de pescadores da Coruña, de San José (Cangas) e a La Anunciada (Baiona).

O reitor e o conselleiro asinaron o protocolo do proxecto. Foto: Santi Alvite


 

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.