Belén do Campo enumera dende Lousame as vantaxes do Bono Enerxía Peme para axudar a reducir a factura eléctrica dos negocios

03 Febreiro 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, e a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, visitaron este luns 3 de febreiro a Farmacia Tállara, onde a delegada debullou os apoios autonómicos destinados a reducir a factura eléctrica dos negocios e das empresas do sector servizos. Belén do Campo explicou que a farmacia Tállara foi beneficiaria, o ano pasado, do Bono Enerxía Peme, o que lles permitiu “instalar equipos de climatización e luminarias LED”, dixo. “Sodes unha mostra da implicación do noso empresariado co aforro enerxético e a sustentabilidade” subliñou. Neste senso, destacou que, no 2024, recibiron estas axudas 174 solicitantes por un importe de máis de 700.000 euros na provincia da Coruña e na comarca do Barbanza o Bono Enerxía Peme permitiu realizar 26 actuacións de eficiencia e aforro de enerxía en negocios cun apoio da Xunta de máis de 81.000 euros.

A delegada explicou que a Xunta ten aberta unha nova convocatoria -a quinta- desta orde cun orzamento de 2,5 millóns de euros e animou ao posíbeis beneficiarios a solicitalas. “Queremos concienciar á sociedade da importancia do aforro e a eficiencia enerxética, pero tamén diminuír o consumo de enerxía e reducir a factura eléctrica de pemes e autónomos, para aumentar a súa competitividade”, apuntou, engadindo que “as axudas poderán solicitarse ata o 25 de xuño” e que a previsión é “chegar con este investimento a máis de 600 traballadores e traballadoras autónomas e pemes galegas; e xerar aforros enerxéticos de ata 2.800 MWh/ano, e económicos de 0,5 M€/ano na factura eléctrica”. O investimento mínimo para poder acceder a estas axudas é de 1.000 euros e a intensidade do apoio será do 80% ata un máximo de 6.000 euros por centro de traballo.

A delegada lembrou que en cinco anos “levamos investidos máis de 13 millóns de euros” cos que se realizaron máis de 3.100 actuacións de eficiencia e aforro de enerxía en Galicia. En definitiva, dixo, “o noso obxectivo é avanzar cara á descarbonización e depender menos dos combustíbeis fósiles”.

Pola súa banda, Teresa Villaverde aproveitou para “animar ao resto de establecementos a que se acollan a estas axudas e lembrar que se precisan de axuda poden acudir ao Concello de Lousame. Son fondos que ás veces quedan sen utilizar porque a xente non os pide. O que queremos é animar á xente de Lousame, cun exemplo próximo como o de Valentina, para que acuda a eses fondos e conseguir axudas para o aforro enerxético”. Villaverde estivo acompañada polos concelleiros de Obras, Ramón Martínez, e Cultura, Silvia Agrafojo.

Finalmente, Valentina Domínguez explicou que cambiaron a luz que tiña por LED e instalaron a maiores un alumeado lateral para ter maior iluminación na farmacia, ademais de cambiar a calefacción por gasóleo por unha bomba de frío-calor. “O aforro enerxético ao longo do ano pasado foi un pouquiño máis do 50% e incluso chegamos ao 70%”, explicou Domínguez, quen recibiu unha axuda do 80% do investimento realizado.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.