Banco Santander e a Asociación de Empresarios de Ribeira asinan un acordo para impulsar o crecemento económico a nivel local

13 Febreiro 2025

Banco Santander e a Asociación de Empresarios de Ribeira, que representa a máis de 200 asociados locais, asinaron un acordo estratéxico co obxectivo de fomentar o crecemento económico e apoiar ás persoas autónomas e aos comercios do dito concello do Barbanza. Este convenio permitirá aos emprendedores e pequenos comercios de Ribeira acceder a unha serie de recursos financeiros, asesoramento especializado e ferramentas innovadoras que, segundo fixo saber a entidade bancaria, “facilitarán o seu desenvolvemento e sustentabilidade”.

Nun plano máis concreto, Banco Santander ofrecerá programas de formación, liñas de crédito adaptadas ás necesidades dos pequenos empresarios e solucións tecnolóxicas para mellorar a eficiencia operativa dos negocios.

O presidente da asociación, Francisco Manuel Martinez Gude, destacou a importancia desta alianza: “Este acordo representa unha oportunidade única para fortalecer e proporcionar aos nosos asociados o apoio necesarios para afrontar os desafíos do mercado actual. Estamos agradecidos polo compromiso de Banco Santander coa nosa comunidade e confiamos en que xuntos lograremos grandes resultados”.

Pola súa banda, Carlos Otero, director de Banco Santander en Ribeira, sinalou: “Estamos entusiasmados por esta colaboración coa Asociación de Empresarios de Ribeira. O noso obxectivo é contribuír ao desenvolvemento económico local e ofrecer solucións que axuden ás persoas autónomas e aos pequenos comercios a prosperar. Cremos finalmente que, traballando xuntos, podemos crear unha contorna empresarial máis robusta e resiliente”.

O acordo que entra en vigor de inmediato, incluirá unha serie de iniciativas conxuntas que se darán a coñecer aos asociados nos vindeiros días, e que foron deseñadas para “abordar as necesidades específicas dos empresarios de Ribeira e promover un crecemento sostíbel do tecido produtivo”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.