As mulleres no ámbito dixital e “gamer” centrarán unha xornada en Rianxo para o alumnado de secundaria

28 Febreiro 2025

No marco das actividades do 8M (Día Internacional da Muller) e ao abeiro da axenda do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero, o Concello de Rianxo e a empresa galega eSports Lua Gaming organizan unha mesa redonda co alumnado do IES Félix Muriel coa finalidade de falar sobre a muller na nova industria dixital.

No acto, aberto á participación de calquera persoa interesada, as relatoras falarán sobre como afecta ás súas vidas profesionais o feito de seren mulleres nun eido tan específico como o do entretemento dixital, as redes sociais, o gam​​​​​​​ing e a industria dos videoxogos.

A cita será o xoves 6 de marzo, ás 10.15 h, no Auditorio de Rianxo. Intervirán Concepción González, directora de Desenvolvemento na empresa de creación de videoxogos Electronic Arts; Paula Quintela, creadora de contido e xogadora de, entre outros, Valorant; Raquel PerryMCQueen, creadora de contido e social media na Liga de Videoxogos Profesional; e Lucía Otero Serramito, alumna do IES Félix Muriel de Rianxo e integrante do grupo de Igualdade. Este acto está aberto á asistencia do público xeral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.