Ambar presenta na Lonxa de Ribeira o seu proxecto de accesibilidade para a ría de Arousa

20 Febreiro 2025

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional presentou o proxecto Ría de Arousa Accesible este pasado mércores 19 na Lonxa de Ribeira. A cita xirou arredor da accesibilidade universal e no seu transcurso explicouse a que fai referencia e as condicións que deben presentar os entornos, procesos, bens, servizos, produtos, ferramentas e dispositivos para que poidan ser empregados polo maior número de persoas de maneira eficaz, cómoda, independente e segura.

O acto foi presentado por Milagros Rey, presidenta da Asociación Ambar e Juan José Rial Millán, patrón maior da Illa de Arousa. Tanto Ambar como a Confraría da Illa de Arousa traballan xuntos para impulsar este proxecto conxunto, e incrementar a accesibilidade do sector marítimo pesqueiro con vistas a incluír a todas as persoas no sector garantindo a súa plena participación.

Na presentación estiveron presentes Luis Pérez Barral, alcalde de Ribeira; José Ramón Romero, alcalde de Boiro; Alicia Romero, secretaria de Ambar; Helena Teira, coordinadora xeral de Ambar; Juan Luis Furones, concelleiro delegado de Sanidade; Fernando Abraldes, concelleiro de Mar; Tania Redondo, delegada de Servizos Municipais; Miguel Iglesias, patrón maior de Rianxo e presidente do GALP, representantes de membros de entidades da comarca como a Asociación Española Contra o Cancro de Ribeira, da R. E I. Cofradía da Dorna.

Pechou o acto Luis Pérez e para rematar, as persoas asistentes puideron desfrutar dunha degustación de produtos do mar a cargo de Gastrolab Arousa, de Miguel Mosteiro. Ría de Arousa Accesible está financiado polo Galp Ría de Arousa, pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia e Cofinanciado pola Unión Europea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.