Ambar inicia unha formación centrada na cociña e a pastelería

17 Febreiro 2025


Este luns 17 de febreiro comezou no Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional a formación de Cociña e Pastelería dirixida a persoas con diversidade funcional.

Na presentación do curso estiveron presentes Milagros Rey, presidenta de Ambar; Helena Teira, coordinadora xeral da Asociación Ambar e Alicia Romero, secretaria de Ambar; que se encargaron de dar a benvida ó novo alumnado que inaugura a primeira formación de Ambar este ano. Nesta primeira semana de formación traballarán co módulo de habilidades prelaborais e transversais, e en canto rematen esta primeira parte da fase teórica, comezarán a formarse nas cociñas dos Concello de Porto do Son e Ribeira.

A través da formación tamén se ofrece a posibilidade de realizar cursos de PRL (Prevención de Riscos Laborais) e Manipulación de alimentos.

Esta formación é posíbel grazas ao co-financiamento da Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo (FSE) dentro da Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade para Persoas con Discapacidade (Uno a Uno) – Ano 2024-2025 e desenvolverase no marco do Programa de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza FSE+ 2021-2027 (Programa FSE+ de Inclusión) do Fondo Social Europeo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...