A Xunta e a Fundación RIA lanzaN os Encontros de Mercado

18 Febreiro 2025

A Xunta e a Fundación RIA lanzaron oficialmente este 18 de febreiro en Santiago os Encontros de Mercado para potenciar o valor das prazas de abastos no comercio de produto de proximidade. Esta iniciativa consiste “nun programa de encontros internacionais que se desenvolverán ata o 22 abril de 2025 para potenciar o valor dos mercados tradicionais na cultura gastronómica”. A xornada deste martes 18 continuará esta tarde coa conferencia impartida pola arquitecta británica Carolyn Steel, á que asistirá o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González. A estrutura destas xornadas, como a deste martes con Carolyn Steel (na que tamén participaron o arquitecto e impulsor da Fundación RIA David Chipperfield, e o seu director, Manuel Rodríguez) consta dunha visita ao mercado co chef á fronte dos restaurantes A Cantina de Casa RIA e Abastos 2.0, Iago Pazos, para coñecer de primeira man os produtos de tempada e proximidade dispoñíbeis. Na xornada tamén participou o director xeral de Comercio, Gabriel Alé

A programación dos Encontros de Mercado completarase o 20 de marzo coa presenza da cofundadora do restaurante Rivers Café en Londres, Ruth Rogers e rematará o 22 de abril coa participación dun conxunto de chefs galegos.

Esta iniciativa desenvólvese no marco da exposición dedicada ás prazas de abastos, que visitou recentemente o conselleiro de Emprego Comercio e Emigración e que está aberta ao público durante o primeiro trimestre deste ano en Casa RIA (a sede da Fundación RIA na rúa Virxe da Cerca de Santiago). Con ela ponse en valor o importante rol social e económico que teñen os diferentes mercados en Galicia.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...