A serie “A arte de ser mal pai”, protagonizada polo boirense Xosé M. Esperante, dispoñíbel na plataforma Agalega

03 Febreiro 2025

A arte de ser mal pai, protagonizada por Xosé M. Esperante (Lampón, Boiro,1976) chega á TVG e á súa plataforma de streaming Agalega. A nova comedia de Óscar Cruz e Jorge Boquete estreouse na plataforma esta fin de semana tralo seu paso polos máis prestixiosos festivais internacionais centrados nos novos contidos dixitais. Os tres capítulos xa están dispoñíbeis e os creadores comparten deste xeito a alegría das primeiras críticas: “A xente xa nos pide a segunda temporada”, aseguran.

Esta traxicomedia producida por Miraveo conta cun notábel palmarés en certames de prestixio como os Premios Mestre Mateo da Academia Galega (Mellor Serie Web), o Carballo Interplay (Mellor Serie V.O. galego e Premio do Público) e o gran premio do xurado no Serielizados Fest, como Mellor Piloto do Showcase no seu 10ª aniversario.

Óscar Cruz e Jorge Boquete recoñeceron que xa traballan nos seus próximos proxectos de ficción tras conseguir o seu 5º premio Mestre Mateo con A arte de ser mal pai. Esta serie conta a historia dun pai corentón interpretado por Xosé M. Esperante, obrigado a despedirse da súa filla, a novísima e poderosa actriz Jacoba de Llano.

Durante os tres días nos que sucede a historia, os creadores ofrecen unha ollada sobre os desafíos da paternidade e a complexidade do que significa ser adolescente neste mundo moderno. Protagonizada por Xosé M. Esperante e Jacoba de Llano, xunto as interpretacións de grandes actores e actrices como Marita Martínez, Sabela Arán, Fede Pérez ou María Costas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.