A Pobra acolle este venres a presentación de “A Landra Viaxeira e o Amigo Lambón”

25 Febreiro 2025

No marco das celebracións do Día de Rosalía, este venres 28 de febreiro vaise presentar na Pobra do Caramiñal, no auditorio da Biblioteca Municipal Victoriano García Martí, o audiolibro A Landra Viaxeira e o Amigo Lambón, dos músicos ribeiráns Suso Bello e Sabela Olivares, con ilustracións de David Cuence. A cita, programada para as 20.00 horas, contará cunha lectura poética pública e unha homenaxe musicada á figura de Rosalía, da que se celebrou este pasado domingo o seu 188 aniversario.

A presentación vén da man da Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, A Companhía do Ruído Editorial e o Concello da Pobra.

Intervirán no acto Xabier L. Marqués, poeta; María Xesús Blanco, presidenta da Asociación Cultural Barbantia; e de Patricia Lojo, concelleira de Cultura da Pobra do Caramiñal.

Ademais do devandito, presentarase o número 202 do suplemento cultural A Voz de Barbantia.

Screenshot

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.