A música en directo e os concursos de disfraces e comparsas serán os grandes protagonistas do Entroido no Son

11 Febreiro 2025

Porto do Son celebrará neste 2025 un Entroido que durará desde o 1 e ata o 5 de marzo e no que se repartirán 3.775 euros en premios. O sábado 1 de marzo, a partir das 17.00 horas, celebrarase o concurso infantil de disfraces que organizarase en tres categorías: individual, parellas e grupos. A xornada estará marcada pola música, a diversión e contará cunha “minirruada” que irá desde a praza de España á carpa da fachada marítima coas nenas e nenos concursantes. Tamén está previsto que se desenvolvan na mesma xornada os espectáculos Canta Música de Pablo Díaz e do Mago Willy Pomper e a Princesa Pomperela. Durante o concurso realizaranse distintas actuacións e no descanso haberá unha sorpresa para o público. No caso de choiva a xornada celebrarase no Pavillón de Santa Irene.

Un día despois, o 2 de marzo, a partir das 17:30 h, celebrarase a foliada choqueira en Porto do Son, organizada en colaboración coa Asociación Sonora. Tamén haberá chocolatada e filloada e A.A.F. Chorimas realizará unha ruada pola vila ata a fachada marítima. A partir das 17.45 horas actuará a agrupación local B.M.T. Suevia e ás 18:.30 h continuará a foliada coa Asociación Sonora.

De xeito paralelo celebrarase a Festa da Filloa en Portosín, organizada en colaboración coa veciñanza de Portosín. Contará con filloada na Praza do Curro.

O luns, 3 de marzo, a partir das 17.00 h, celebrarase o concurso de adultos de disfraces que organizarase en tres categorías: individual, grupo e comparsas. A xornada volverá estar marcada pola música, a diversión e contará cunha ruada que irá desde a Casa da Cultura á carpa da fachada marítima coas persoas concursantes. Tamén terán lugar en Porto do Son as actuacións Little Garden de Pablo Méndez e da Comparsa Os Solfamidas na Carpa. Todo isto presentado por Juan de Troula que será o encargado de elixir o xurado popular ante o público asistente. No caso de choiva a xornada celebrarase no Pavillón de Santa Irene.

O martes de Entroido, 4 de marzo, haberá inchábeis desde as 16.30 ata as 2030 horas no Polideportivo Santa Irene. Por último, o Mércores de Cinza, 5 de marzo, celebrarase o Enterro do Felipiño, a partir das 19.30 h no Acompañamento do Defuntiño.

As persoas interesadas poderán inscribirse, ata o vindeiro 26 de febreiro, de xeito presencial no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal. As bases e os formularios de inscricións poderán descargarse a través da páxina web do Concello. Non se admitirán inscricións fóra de prazo, nin se realizarán inscricións a pé de concurso.

Máis de 3.700 euros en premios

Para ambos os dous concursos establécense premios que ascenden a 3.775 euros distribuídos da seguinte maneira:

– Grupo Infantil: 150 € (1º premio), 75 € (2º premio), 50 € (3º premio).

– Parellas Infantil: 100 € (1º premio), 60 € (2º premio), 40 € (3º premio).

– Individual: 70 € (1º premio), 50 € (2º premio), 30 € (3º premio).

– Raíña: 100 € e Rei: 100 €

– Comparsas adulto: 800 € (1º premio), 500 € (2º premio), 300€ (3º premio).

– Grupo adulto: 500 € (1º premio), 300 € (2º premio), 200 € (3º premio).

– Individual adulto: 200 € (1º premio), 100 € (2º premio), 50 € (3º premio).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adivinado la profesión”. Manuel Dominguez

“Adivinado la profesión”. Manuel Dominguez

Cierto día un residente y yo nos trasladamos a la capital del imperio, es decir Madrid. Un placentero viaje en tren Al acercarnos a Castilla un hermoso manto de oro embellecía el paisaje, es decir campos de trigo, que tocaban el cielo, hermoso paisaje. Mas allá, me...

“Recado de escribir para Álvaro Mutis”. Alberto Barciela

“Recado de escribir para Álvaro Mutis”. Alberto Barciela

Hasta Cartagena de Indias llegaremos para “entregar ciertos mensajes, disolver ciertas frágiles certezas y dejarnos en el desamparo de inconfesables perplejidades”. Ojalá nuestras palabras, los abrazos en el reencuentro fraternal nos permitan, como la insistente...