A mostra do XVIII Premio Internacional Jesús Núñez xa pode verse no Lustres Rivas de Ribeira

05 Febreiro 2025

Este mércores 5 de febreiro presentouse en Ribeira exposición do XVIII Premio Internacional Jesús Núñez, un acto no que interviñeron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e o dinamizador cultural do concello, Unai González. Segundo explicaron, o Premio Jesús Núñez chega á maioría de idade “consolidado como un referente no panorama da arte gráfica nacional, e mesmo internacional, e fiel ao compromiso da Deputación da Coruña no seu labor de mecenado e de apoio ás creadoras e creadores plásticos”.

Fixeron saber tamén que algunhas das obras presentadas ao certame foron incorporándose durante estes dezaoito anos aos fondos da colección da Deputación e “enriquecendo o patrimonio artístico provincial”.

Esta exposición recolle unha escolma dalgúns dos mellores traballos presentados ao certame internacional de arte gráfica co que a institución provincial quere poñer en valor o talento creativo e a figura do artista Jesús Núñez, consolidándose como unha referencia no apoio e promoción de novos talentos nacionais e internacionais da arte gráfica.

Desta volta presentáronse ao premio mais dun centenar de obras de artistas gráficos de 20 países de todo o mundo: México, Uruguai, Cuba, Francia, Italia, Polonia ou Rusia, quedando patente tamén a amplitude de intereses, temáticas, técnicas, procesos e discursos proxectados no conxunto de pezas recibidas.

Resultou gañadora a obra titulada 10 grados, de Juan Carlos Escudero García, que se pode ver xa no Centro Cultural Lustres Rivas e concedéronse dous accésits a Mateusz Patrzyk, pola obra Painbody e a Maite Pinto, por Vero Over.

A peza 10 grados, a obra premiada do artista Juan Escudero, sitúa ao público diante da inmensidade da representación dunha vista aérea e etérea do océano, e na concreción da fluidez da auga como elemento.

A exposición estará aberta ao público no Centro Cultural Lustres Rivas do 5 ao 22 de febreiro, con entrada gratuíta, en horario de luns a venres mañá e tarde e sábados pola mañá.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.