A Mostra de Teatro Escolar da Pobra trae “Os Ourizos” ao Elma (este martes 4)

03 Febreiro 2025

Ao abeiro da programación da Mostra de Teatro Escolar 2025, o Teatro Cine Elma da Pobra acollerá este 4 de febreiro, ás 11.00 horas, unha nova función, a cargo de Barafunda Animación. Trátase da peza Os Ourizos, á que asistirá o alumnado de infantil  do colexio Fernández Varela e 1º curso de primaria do Salustiano Rey Eiras.

Os Ourizos é unha obra de teatro musical de monicreques (bonecos, de pau e de guante). A obra trata temas de inclusión, integración, amizade e compañeirismo, todo isto envolto en referencias á cultura galega, aos seus paisaxes e ao ecoloxismo. A música, composta especialmente para o espectáculo, inclúe temas de rock, pop e rap, achegando así á rapazada diferentes xéneros musicais.

Organiza a concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Sinopse

Cacho é unha ouriza de terra que vive polos montes dos arredores da ría de Vigo. É unha ouriza moi alegre e moi querida por tódolos seus amigos e veciños, pero todo cambia cando chega a adolescencia e as súas pugas comezan a crecer.

Pouco a pouco todo o mundo comezará a deixala de lado, pero Cacho consegue refuxiarse na música, coa súa guitarra. Grazas a isto coñecerá a outros amigos na súa mesma situación: Rizo, un ourizo de mar moi riquiño, Picho, un señor ourizo de castaña e Flor unha estupenda toxo habitante dos montes galegos. Tamén se atoparán cunha polbo moi rabuda e un esquío metomentodo que non lle facilitarán moito as cousas.

Con todo, os catro amigos conseguirán montar un grupo de rock e cantarán as súas cantigas durante meses ata que en primavera un concurso de bandas fará que todo cambie para eles!

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.