
A Fundación CiP, recoñecida como entidade de interese galego e con máis de 20 anos de experiencia na inserción laboral, iniciará este febreiro en Ribeira a impartición de 4 Certificados de Profesionalidade subvencionados pola Xunta de Galicia.
Trátase de formacións oficiais gratuítas, válidas en toda España, que inclúen un completo período
de prácticas reais en empresas, axudas económicas específicas para transporte e o acompañamento dun orientador profesional dispoñible para cada alumno/a.
A oferta abrangue unha ampla variedade de sectores profesionais, con 4 certificados dispoñíbeis:
-Dirección e Coordinación de Actividades de Tempo Libre.
-Organización de Transportes e Distribución.
-Organización e Xestión de Almacén.
-Atención ao Cliente, Consumidor ou Usuario.
As inscricións xa están abertas e pódense realizar a través da sección de Ribeira da páxina web de CiP Formación, chamando ao 986 31 62 18 ou enviando un correo electrónico a cursos@cip-formacion.com.
Ademais, CiP estréase nas redes sociais para a zona do Barbanza coa creación da súa conta de Instagram @cipbarbanza. Para celebralo, organiza un sorteo dun iPhone 13 exclusivo para os barbanceses que participen na súa nova comunidade.



