A exposición “Os Maragatos na porta de San Pedro (Lugo)” poderá verse na Biblioteca Ánxel Casal dende este luns 3 até o 15 de febreiro

02 Febreiro 2025

Inauguración da mostra no pasado mes de decembro na Biblioteca Provincial de Lugo

A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago acollerá desde este luns, 3 de febreiro, ata o 15 do mesmo mes, a exposición Os Maragatos na Porta de San Pedro (Lugo), que percorre os 145 anos de historia desta saga familiar que se asentou na cidade galega en 1880, tendo desenvolvido un intenso labor comercial e social, e formando parte da historia da cidade do último século e medio. A mostra compleméntase co libro do mesmo nome publicado por Antonio Giz e Xulio Xiz, presentado ao público na capital lucense a mediados do pasado decembro.

A inauguración (luns, 3 de febreiro, ás 12:30 h.), correrá a cargo de Valentín García Gómez, secretario Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.

Esta Mostra, que estivo os días pasados na Biblioteca Provincial de Lugo, está composta por 12 paneis en galego e castelán, e recolle unha escolma de todo o material gráfico e literario contido na obra, e durante este ano percorrerá as cidades de Galicia, toda a provincia de Lugo, e as máis importantes poboacións da Maragatería. Despois de Santiago, na segunda quincena de febreiro, estará na Biblioteca Miguel González Garcés de A Coruña, e na primeira quincena de marzo na Biblioteca Provincial de Pontevedra.

A mostra e a edición do libro son iniciativa de Egeria en colaboración coa Fundación Carmen Pérez-Carro, creada pola última representante dos Maragatos da Porta de San Pedro. A exposición -anverso en galego, reverso en castelán- fíxose bilingüe para o seu percorrido por Galicia, Madrid e Castela-León, e está acompañada por un catálogo en galego que recolle íntegros os contidos dos paneis, e se entregará de xeito gratuíto aos visitantes da mesma.

O libro (366 páxinas, máis de 1.000 ilustracións) pode ser adquirido na Librería Pereira, na Rúa do Home Santo.

Maragatos da Porta de San Pedro

Cara a 1880, a primeira xeración dos maragatos da Porta de San Pedro (Lugo), o matrimonio formado por Tomás Pérez Carro e Vicenta García Carro, procedente de Santa Colomba de Somoza, no corazón da Maragatería leonesa, asentouse fronte á histórica Porta Toledana da Muralla lucense (a actual Porta de San Pedro), converténdose en lucenses. O 19 de abril de 2021 cumpríronse 40 anos do falecemento do cabeza de familia da segunda xeración, Tomás Pérez-Carro García (Lugo, 1895).

Con este motivo, a máis nova da terceira xeración desta familia pon en marcha este proxecto para investigar na historia desta familia, a súa procedencia leonesa e asentamento en Lugo, e a súa especial traxectoria ao servizo do comercio lucense, representada na actualidade polo histórico establecemento que rexe na rúa San Pedro María del Carmen Pérez-Carro García, a máis nova dos membros da terceira xeración dos Maragatos da Porta de San Pedro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.