A diversidade familiar e as familias monomarentais centra unha charla no Centro Social de Boiro, este xoves ás 18h

18 Febreiro 2025

O Centro Social de Boiro acolle este xoves 20 de febreiro, ás 18.00 horas, unha charla sobre diversidade familiar e fogares monomarentais impartida por FAGAMOS, Asociación de Familias Monomarentais de Galicia. As inscricións cómpre facelas no CIM (Centro de Información da Muller) de Boiro mediante o enderezo electrónico cim@boiro.org ou o teléfono 981 84 48 00 ext.1285.

A charla está organizada polo Concello de Boiro, a través da área de Política Social, e encádrase nun novo programa de actividades formativas e sesións divulgativas que se van desenvolver durante os vindeiros meses.

As actividades tamén inclúen formacións. A primeira delas será sobre Intervención en risco de suicidio, estará impartida pola Asociación Pro Saúde Mental e será o xoves 27 de febreiro de 10.00 a 13.00 horas no Centro Social de Boiro.

A segunda das formacións será sobre Conceptos básicos sobre identidades de xénero e orientación sexuais, impartida por ARELAS, Asociación de Familias Menores e Trans, e terá lugar o 10 de marzo de 10.00 a 13.00 horas no Centro Social de Boiro.

Para participar en calquera das formacións é necesario inscribirse previamente no CIM de Boiro mediante o enderezo electrónico cim@boiro.org ou o teléfono 981 84 48 00 ext. 1285.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...