A Deputación organiza esta “finde” o 1ª encontro das IXP de Viño de Galicia na provincia o no NH Finisterre (coa participación da IXP Barbanza e Iria)

18 Febreiro 2025

A área de turismo da Deputación, liderada polo vicepresidente Xosé Regueira, presentou as primeiras xornadas das IXP de Viño de Galicia na provincia, que terán lugar os días 23 e 24 de febreiro no NH Finisterre. Regueira, acompañado do catador e profesor de viño, Luis Paadín e a coordinadora das IXP de Galicia, Maite Maestre, explicaron os detalles dun programa composto por máis dunha vintena de actividades entre presentacións, catas e obradoiros, que contará coa participación de representantes das principais adegas e IXP de Galicia.

O vicepresidente enmarcou este evento na campaña A paisaxe que sabe, “coa que pretendemos humanizar a paisaxe, contando con persoas que viven e producen alimentos, e neste caso viño, de altísima calidade, e este é un valor engadido para os turistas, que encaixa á perfección na nosa estratexia de promoción turística” sinalou.

A coordinadora das IXP de Galicia, Maite Maestre, falou da necesidade de “dar a coñecer as diferencias entre as paisaxes, que se plasman nas diferencias entre culturas e procesos tradicionais que preservamos de viticultura”.

Pola súa parte, Luís Paadín referiuse “ao patrimonio vitivinícola galego”, que é “único” e forma parte “da nosa idiosincrasia”. O sumiller tamén se referiu á necesidade de poñer en valor este sector, así como as pequenas IXP, “que son pequenas porque non tiveron forma de crecer, pero a singularidade dos seus viños e dos seus procesos fanas diferentes e únicas, e complementarias ás outras que temos en Galicia”.

Un total de 16 adegas conforman un programa deseñado co obxectivo de poñer en valor os viños e as adegas da Asociación das IXP de Viño de Galicia, e dividido en dúas xornadas destinadas tanto á cidadanía en xeral como a un público profesional do sector da hostalaría e restauración. A primeira delas, o domingo, contará cun túnel do viño, de 12 a 20h, con catas cada media horas das bodegas Panchín e da Señora (IXP Terras de Navia); Os Areeiros, Ardán 100 Polas; Mercedarios Mosteiro de Poio e Videiras no Mar (IXP Ribeiras do Morrazo) e Adega entre Os Ríos; Castellum Augusti e Cazapitas (IXP Barbanza e Iria). E, a segunda, o luns, comezará ás 11h coas presentacións de Adega Bordel e Adegas Rilo (IXP Viño da Terra de Betanzos); ás 12h coa inauguración e a presentación da web “Viños da Coruña”, con Xosé Regueira; ás 12h coa masterclass a cargo de Luis Paadín; e, de 16h a 18h, presentacións de Pagos de Brigante e Casa Beade (IXP Viño da Terra de Betanzos) e Adega Terras Mancas e Adega Ferreiros (IXP Val do Miño, Ourense). O evento pechará cun obradoiro de Luis Paadín.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...