A Copa de Galicia de Kenpo Infantil celebrarase en Palmeira o vindeiro sábado 15 de febreiro

11 Febreiro 2025

Este 11 de febreiro presentouse en Ribeira a Copa de Galicia de Kenpo Infantil que se vai celebrar o vindeiro día 15 de febreiro no pavillón Alcalde Torres Colomer de Palmeira e será clasificatoria para o Campionato de España que terá lugar o 15 de marzo do presente ano en Guadalaxara.

Ao acto de presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal xunto con Iván Parada, un dos adestradores do Club de Kenpo Barbanza e organizador desta I Copa de Galicia Infantil (Federación
Galega de Karate D.A.). Vidal informou que o campionato transcorrerá nunha xornada de mañá e outra de tarde, “onde van participar nenas e nenos de seis a sete anos até mozas e mozos de catorce a quince anos”.

Indicou que na xornada matinal “teremos Katas, Kobudo e defensa persoal, pola tarde Semikenpo e Submission”. O concelleiro de Deportes falou da honra que supón para o concello de que se celebre a Copa de Galicia en Ribeira e manifestou o apoio do mesmo ao Club de Kenpo Barbanza. Rematou a intervención amosando o apoio e o agradecemento do Concello “a todas e todos os deportistas desta disciplina que participan en diferentes competicións, non só nacionais ou estatais senón tamén a nivel europeo e internacional, a verdade é que son un orgullo para o noso pobo”.

Iván Parada quixo agradecer ao Concello de Ribeira, ao concelleiro, Xabier Vidal xunto aos técnicos de deportes por “como apostan polo noso club para poder traer eventos e competicións”. Parada tamén informou que o vindeiro sábado 15 pola mañá adicarase á parte técnica dende as 10:00 h até as 13:00 h e pola tarde de 16:00 a 19:00 h ás dúas modalidades de combate. Indicou que as listas están pechadas cun total de 150 nenos e nenas de benxamín a cadete. O Club de Kenpo Barbanza levará un total de 34 participantes dos que 20 son nenas e se estima que se clasifiquen 15 deportistas para o Campionato de España.

O acto rematou cunha chamada á veciñanza para asistir a esta Copa de Galicia Infantil e coñecer esta modalidade de loita.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.