A partir deste venres, as borrascas atlánticas situaranse moi preto de Galicia, condicionando o tempo no territorio. A xornada estará marcada por un notable vento do sur, con precipitacións máis persistentes na franxa atlántica e na metade norte.
No que respecta ás temperaturas, as mínimas rexistrarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas non presentarán variacións significativas. O vento soprará moderado de compoñente sur, con intervalos fortes entre as Rías Baixas e Ortegal.
Os expertos recomendan precaución ante estas condicións meteorolóxicas, especialmente nas zonas costeiras e montañosas afectadas polo vento intenso.

Prognóstico para os vindeiros días:

O noso mar: Vento do sur, forza 4 a 6 á mañá e á tarde e 5 a 6 á noite. Forte marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2 a 3 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



