Unha vintena de persoas de Porto do Son capacítanse dixitalmente grazas ao programa Dixigalízate

09 Xaneiro 2025

O Concello de Porto do Son comezou o ano con formación tecnolóxica destinada a fortalecer o apoderamento, a autonomía e a empregabilidade da veciñanza en situación de desemprego. Estamos a falar do Curso de Competencias Dixitais Básicas, que se dirixe a formar unha vintena de alumnas e alumnos. Este mércores 8 de xaneiro, sen ir máis lonxe, celebrouse a inauguración do curso, acto no que participou a concelleira de Persoal de Porto do Son, Magdalena Pérez.

As sesións desenvólvense na Biblioteca Municipal ao longo de 200 horas de contidos, en horario de mañá: de 9.00 a 14.00 horas. Todas as persoas participantes recibirán o título oficial acreditativo e un ordenador portátil de agasallo á finalización da formación. Esta está a ser impartida polos profesionais de Ara Formación e Beproject Consultores, a través do programa Dixigalízate (iniciativa de adestramento tecnolóxico para as provincias da Coruña e Lugo, impulsado pola Xunta, a UE e o Goberno central).

A formación consistirá en diferentes sesións de formación de balde para persoas en desemprego de Porto do Son. A actividade inclúe a entrega dun computador portátil para as persoas participantes. O único requirimento para asistir viña sendo estar dada/o de alta no Servizo Público de Emprego.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.