Un condutor foi excarcerado logo de irse contra un valado en Vilanova de Arousa

15 Xaneiro 2025

Logo de ser liberado, foi trasladado polo persoal sanitario.

O accidente ocorreu pouco antes das 21:30 horas da noite de onte. Segundo o particular que contactou co 112 Galicia, un vehículo sufrira unha saída de vía, índose contra un valado no quilómetro 1 da EP-9701, na parroquia de Baión. O alertador xa indicaba que o implicado parecía estar atrapado no interior do turismo.

Rapidamente, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilanova de Arousa.

A dotación de bombeiros tivo que usar o material de excarceración para que o ferido puidese saír do coche. Logo de ser liberado, o condutor foi trasladado en ambulancia ata o Hospital do Salnés.

Por outra banda, o turismo accidentado tivo que ser retirado por un guindastre, mentres que o servizo de mantemento da vía encargouse de limpar a estrada.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.