Un centenar de persoas desempregadas fórmase no PIE de Dodro, no que participan media ducia de concellos

20 Xaneiro 2025

O pasado 17 de xaneiro inaugurouse oficialmente o Programa Integrado de Emprego (PIE) de Dodro 2024-25, no que participan os municipios de Rois, Padrón, Dodro, Catoira, Pontecesures e Valga para formar a 100 persoas demandantes de emprego destes municipios. Na cita participaron os alcaldes dos ditos concellos, incluídos os de Padrón, Rois e Dodro, Anxo Arca, Ramón Tojo e Xavier Castro, respectivamente.

O acto oficial celebrouse no salón de plenos do Concello de Pontecesures, presidido pola súa alcaldesa, Maite Tocino.

O obxectivo do PIE é mellorar a empregabilidade das persoas participantes a través de accións de orientación e asesoramento, formación, técnicas de adestramento (coaching), habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial, intermediación laboral, prácticas non laborais e obradoiros de mobilidade laboral.

A execución deste programa é posíbel grazas á subvención de 220.000 € concedida por resolución do 30 de setembro de 2024 da directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, ao abeiro do disposto na Orde do 28 de maio de 2024 (DOG nº 112 do 11 de xuño de 2024).

Segundo confirmaron os rexedores, a presentación desta nova edición do Programa Integrado de Emprego tivo moi boa acollida entre as persoas participantes no programa, que encheron o salón de plenos do Concello de Pontecesures.

Os alcaldes e alcaldesa dos concellos participantes destacaron a importancia deste tipo de iniciativas para fomentar o emprego e o desenvolvemento profesional nestes concellos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...