Rosa Mª Suárez e Toña Somoza expoñen conxuntamente na Pobra baixo o título As Eiros

03 Xaneiro 2025

A arte volve engalana-las paredes da casa da cultura Raquel Fernández Soler coa primeira mostra deste 2025 que, ademais, une o talento de Rosa Mª Suárez e Toña Somoza.
Ámbalas dúas son pintoras autodidactas que exploran distintas temáticas a través do seu pincel. En consecuencia, a exposición As Eiros está
conformada por unha vintena de cadros heteroxéneos, se ben imperan as mulleres e o mundo mariño, a través da mirada de Suárez, e as figuras e a
paisaxe marítima, baixo a perspectiva de Somoza.
Durante o acto inaugural na tarde deste 3 de xaneiro, amenizado musicalmente por Ana I. Bermo, as protagonistas estiveron arroupadas polo tamén artista Manuel Teira e pola concelleira da Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo, quen declarou que “é unha ledicia da-la benvida ao 2025 con cultura, con arte, e en clave feminina. Temos aquí dúas mulleres que indagan a través da pintura naqueles temas que lle espertan curiosidade. Iso é a arte: non só o reflexo dunhas ideas e valores, tamén un método de autocoñecemento e de comprensión do mundo que nos rodea. Así que aquí temos a ollada sobre, por exemplo, o que representa para elas o mar tendo en conta que somos pobo costeiro.”
Lojo tamén ratificou o compromiso da Administración local “coas distintas disciplinas artísticas e as persoas creadoras das mesmas.
Queremos cultura os 365 días do ano e seguiremos traballando para afianzar esta sala de exposicións como punto de referencia comarcal na
difusión artística e escaparate de artistas noveis e xa consagrados.”
Poderá visitarse ata finais de mes, de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.