Ribeira organiza nas parroquias do concello obradoiros sobre aplicacións móbiles para persoas maiores

16 Xaneiro 2025

O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta presentou na mañá deste 16 de xaneiro un programa formativo obradoiros para botar luz sobre os usos e posibilidades das aplicacións móbiles. As sesións, enfocadas ás persoas maiores do concello, chegarán a todas as parroquias.

Suárez-Puerta sinalou que “estes obradoiros teñen como finalidade recortar a brecha dixital que separa ás persoas familiarizadas coas novas tecnoloxías das que non o están”, e tamén axudalas a que perdan o medo de interactuar e traballar con estes aparellos, “xa que ofrecen un amplo potencial para gañaren en apoderamento e en autonomía de cara ás xestións do día a día”. O edil engadiu que “son cursos moi básicos pero importantes por exemplo; para pedir unha cita para o médico, ler mensaxes e envialas, conectar cos familiares distantes, etc..”

Os cursos serán impartidos por Cibervoluntarios.org e a inscrición pódese facer na Aula CeMIT de Ribeira, chamando ao número 981 87 60 43, ou por correo electrónico. O mínimo de prazas para o curso son 8 e o máximo 14-15.

Obradoiro en Corrubedo

Programación: 16/01/2025 de 16:00 a 18:00 h (sesión 1)

17/01/2025 de 16:00 a 18:00 h (sesión 2)

Modalidade: Presencial

Enderezo: Centro Social Corrubedo (Rúa Colexio, 2-5)

Obradoiro en Olveira

Programación: 30/01/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 1)

31/01/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 2)

Modalidade: Presencial

Enderezo: Centro Social De Olveira (Lugar Sirves, 87)Obradoiro en Palmeira

Obradoiro en Palmeira

Programación: 13/02/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 1)

14/02/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 2)

Modalidade: Presencial

Enderezo: rúa Cruceiro de Cruces, 4 (Cafetería Casa Do Mar)

Obradoiro en Artes

Programación: 27/02/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 1)

28/02/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 2)

Modalidade: Presencial

Enderezo: Lugar Sego s/n (Centro Recreativo de Artes)

Obradoiro en Castiñeiras

Programación: 13/03/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 1)

14/03/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 2)

Modalidade: Presencial

Enderezo: Rúa dos Curros, 140 – Centro Social Castiñeiras

Obradoiro en Aguiño

Programación: 27/03/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 1)

28/03/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 2)

Modalidade: Presencial

Enderezo: r/Castelao s/n (Casa De Cultura de Aguiño)

Obradoiro en Carreira

Programación: 10/04/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 1)

11/04/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 2)

Modalidade: Presencial

Enderezo: Campos Carreira, s/n (Casa da Cultura de Carreira)

Obradoiro en Oleiros

Programación: 24/04/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 1) 25/04/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 2)

Modalidade: Presencial

Enderezo: Lugar Eirexa, 5 (Centro Social Oleiros)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.