Rianxo ten unha taxa de paro do 3,46%

21 Xaneiro 2025

O Concello de Rianxo fixo un breve balance das cifras de desemprego no termo municipal, baseado nos últimos datos publicados pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. En base a esta información Rianxo pechou o 2024 con 372 persoas en paro, o que representa o 3,46% da poboación do municipio.

O Concello valorou que “esta cifra non só supón un importante descenso con respecto a como se comezaba o ano, senón que tamén sitúa ao noso municipio no seu limiar máis baixo de desemprego dende que se contabilizan os datos”.

O alcalde, Julián Bustelo, valorou positivamente os datos e destacou algunhas das acción levadas a cabo recementemente en materia de fomento do emprego. “Cos Concellos de Boiro e A Pobra, e co apoio de outras administracións, impulsamos programas que contaron cun investimento de preto de 1 millón de euros, e nos que se vén acadando unha taxa de inserción laboral moi alta”, sinalou.

Entre estas iniciativas atópase o Obradoiro de Emprego Xuventude I, organizado de xeito conxunto polos Concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo e centrado en operacións auxiliares e mantemento de sistemas informáticos.

Ou tamén o Obradoiro Monte Noso de Rianxo centrado na formación en especialidades de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, así como en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes.

A maiores, Rianxo, Boiro e A Pobra impulsan un Programa Integrado de Emprego conxunto que na súa última edición acadou o seguinte fito: un contrato de traballo para o 68% das persoas participantes. O desenvolvemento deste programa permitiu mellorar o nivel de empregabilidade de 100 mulleres da comarca do Barbanza a través do traballo realizado en actividades formativas, orientacións laborais individualizadas, prácticas en empresas e prospección laboral. A capacitación incluíu módulos formativos de Envasado, acondicionamento e embalaxe de produtos alimentarios; Elaboración de pezas cárnicas; Sistemas e procesos loxísticos; Mercadotecnia (marketing) en liña; Cociña; Atención ao cliente; Restauración; ou Preparación de produtos do mar.

Outros artigos

Sábado 8, unha borrasca traerá máis nubes e orballo a Galicia

Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste, que achegará unha fronte cálida ao longo do día. A xornada comezará con intervalos de nubes e claros, pero as nubes irán en aumento, podendo deixar algúns orballos na fachada atlántica. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...