Padrón recolleu dúas distincións turísticas en FITUR

28 Xaneiro 2025

O Concello de Padrón recolleu na nova edición de FITUR en Madrid, celebrada a semana pasada (do 22 ao 26 de xaneiro) xuntando unha vez máis o máis representativo dos sectores turísticos estatais, unha importante distinción á súa actividade de promoción. Concretamente, o alcalde de Padrón, Anxo Arca, a concelleira Chus Campos e o técnico de Turismo, Alberto Rey, recolleron as certificacións Q de Calidade Turística e S de Sostibilidade Turística obtidas pola Oficina de Información Turística de Padrón en 2024.

A recepción tivo lugar durante a gala que o Instituto para la Calidad Turística Española y la Sostenibilidad (ICTES) levou a cabo o pasado xoves, 23 de xaneiro, na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles e que estivo presidida polo ministro de Industria y Turismo, Jordi Hereu, e do presidente do ICTES, Miguel Mirones.

Nesta mesma gala, o Pazo de Arretén (Iria Flavia) recibiu tamén a Q de Calidade. O Concello deu os parabéns ao grupo Hotel Scala (ao que pertence o Pazo de Arretén) e animou a todos os establecementos locais a “facer de Padrón un destino turístico de relevancia, un destino sostíbel e que destaque pola súa excelencia”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.