Os Reis Magos reciben a 117 nenos e nenas na Casa a Cultura de Lousame

05 Xaneiro 2025

Un total de 117 nenos e nenas acudiron na mañá deste 5 de xaneiro á recepción de Reis organizada polo Concello de Lousame. O mal tempo rexistrado durante toda a xornada condicionou moito as recepcións desta mañá, nas que estaban inicialmente inscritos máis de douscentos cativos.

Entre as 10:30 e as 13:30 horas, cativada e persoas adultas pasaron pola Casa da Cultura para falar un anaco con Melchor, Gaspar e Baltasar. Un escenario adornado para a ocasión con moitas luces e motivos de Nadal. Ademais de contarlles os seus desexos para esta noite, moitos deles mesmo aproveitaron para entregar as súas cartas aos Reis Magos. Mentres papás e mamás non deixaban de tirar fotografías dos pequenos co seu Rei Mago favorito, os pequenos desfrutaban das lambonadas que lles acababan de agasallar.

Para esta tarde, de 17:00 a 19:30 horas, o Concello de Lousame ten preparada un Festival de Reis no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva). Unha festa infantil con xogos, inchábeis, obradoiros… e un chocolate con churros para os 305 nenos e nenas inscritos. Un festival que colgou o cartel de “non hai billetes” a mediados de semana, polo que se agarda a participación de preto de 900 persoas.

Deste xeito, as dúas actividades de Reis organizadas polo Departamento de Cultura do Concello de Lousame terán reunido este domingo 5 de xaneiro a máis dun milleiro de persoas, tanto do propio municipio como de concellos limítrofes.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.