Este domingo ofrenda floral a Valle-Inclán en Boisaca co motivo do seu 89 cabodano

04 Xaneiro 2025

Este domingo, como cada día 5 de xaneiro, efeméride do pasamento en 1935 do ilustre escritor galego Ramón del Valle-Inclán na capital galega, as localidades e entidades valleinclanianas teñen a súa cita de carácter institucional no acto de homenaxe que se realizará no cemiterio compostelá de Boisaca. Lugar de sepultura do máis ilustre dos artistas do país, en admirativa valoración de Alfonso D. R. Castelao, reproducida na loubanza “Galicia y Valle-Inclán”, discurso pronunciado no Centro Gallego de La Habana durante a súa estadia de exilio na illa de Cuba, en xaneiro de 1939.

Convocados pola Xunta de Galicia, no intre de redactar esta información teñen confirmada a súa presencia neste evento o conselleiro de cultura, língua e literatura, Xosé López Campos; o director xeral de cultura, Ánxo M. Lorenzo Suárez; as alcaldías dos concellos de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín… e A Pobra do Caramiñal, Xosé Carlos Vidal Suárez; as persoas titulares dos departamentos de cultura en Vilanova da Arousa, Xabier Tourís, Cambados, Liso González e A Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo Nine; o director do Museo Valle-Inclán decano do país, no Barbanza, Antonio González Millán; o neto, biógrafo e presidente do Foro Galicia e Valle-Inclán, Xaquín del Valle-Inclán Alsina, xunto cos padroeitos desta asociación de ámbito galego Ángel Varela Señoráns, Xosé María Fernández e Gloria Rico.

Trátase dunha das citas senlleiras dentro do calendario de actividades valleinclaniallas organizadas anualmente no país, a carón das Xornadas de Homenaxe ao universal escritor ofertadas cada mes de outubro na Vila do Caramiñal, as que en 2025 sumarán 27 anos ininterrumpidos, ou a Homenaxe simbólica da arribada e estadía definitiva na Terra de don Ramón na alameda de Compostela, dende fai 15 anos, entre outras iniciativas de desigual fortuna xurdidas en tempos máis recentes.

Ofrenda do ano 2024. Foto Xoán Crespo

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.