O público ateigou os mostradores dos produtores da provincia do Coruña en Madrid Fusión 2025, onde tamén participou A Conserveira (Ribeira)

27 Xaneiro 2025

O espazo da área de Turismo da Deputación da Coruña estreouse este luns 27 de xaneiro en Madrid Fusión 2025, e fíxoo, segundo informou a institución provincial, “cun rotundo éxito de asistencia durante toda esta primeira xornada”. En concreto, o público ateigou o espazo propiamente dito da área de Turismo e, tamén, os mostradores dos produtores locais, onde estes amosaron as súas elaboracións e propostas.

Fotos de Madrid Fusión de Cris Andina

Comezaba a xornada co aroma a café de Cafés Aruba (A Coruña) que ofreceu unha torradura de café en directo e degustación do seu café arábica 100% natural, e continuaba co xa coñecido panettone de San Isidro Bakery, elaborado por Lucía No López, nesta ocasión en vasiños con mango, crema de abelá e mousse de framboesa. Ao rematar, o catador e profesor de análise sensorial e servizo, así como técnico de viticultura e enoloxía, Luís Padín ofreceu unha cata de Castes Ancestrais e elaboracións da provincia de A Coruña e un relatorio sobre a domesticación da vide.

Ao mediodía, os fogóns do stand do Deputación estreounos o equipo de Beatriz Cotelo (Illas Gabeiras),  que cociñou ante os asistentes unha tartaleta de San Simón, tartar de tenreira galega e salmoiras e feixóns verdes con mexillón de Ribeira, para posteriormente dar paso a Luís Veira (Árbore da Veira), que elaborou en directo unha muselina con ameixas e café e xurela con flocos de millo, queixo e amorodo.

O xefe de cociña, gastrónomo e investigador portugués Hélio Loureiro impartiu o último dos showcookings do día, consistente nunha robaliza macerada con oblea de camarón.  Pratos que sorprenderon a un público que saboreou non so a materia prima e o bo facer dos chefs, senón tamén a historia que hai detrás de cada receita e de cada proxecto de restauración, todas moi vinculados ao territorio e á orixe.

Ademais, a Despensa d´Lujo ofreceu unha presentación e degustación de fabada galaica con broa de millo corvo de Coristanco; A Conserveira (Ribeira), das súas conservas (de mexillóns, polbo, xoubas, ovas de pescada, ventresca de bonito, navallas, mexillóns ou zamburiñas) e Chichalovers dos seus produtos máis míticos como o chourizo ou os roxóns.

Nesta edición de Madrid Fusión ten tamén un especial protagonismo o municipio portugués de Matosinhos, froito do convenio de colaboración asinado entre a entidade provincial coa Cámara de Matosinhos para a conxunta promoción turística e gastronómica. Ademais do obradoiro Hélio Loureiro contou cun espazo de exposición permanente.

Foi tamén o caso de A Conserveira; San Isidro Bakery; Bonilla a la Vista; Ternura Empanadas; A Despensa d’Lujo; Chichalovers e Cafés Aruba, que contaron con mostradores dentro do stand da Deputación, aos que asistiu un numeroso público profesional interesado nos seus produtos. Teñen, deste xeito, a oportunidade de dar a coñecer o seu traballo ante un foro tan relevante para o sector como é Madrid Fusión.

Remata, deste xeito, a primeira xornada dun dos congresos gastronómicos de maior relevancia internacional, cun balance moi positivo para a Deputación, que encheu de público todas e cada unha das súas actividades. Mañá continuará a programación, repetindo os pases de Cafés Aruba, San Isidro Bakery, A Despensa d´Lujo, A Conserveira e Chichalovers, e incluíndo showcookings de Fabián Mouzo (O Camiño Fala, Mazaricos) e presentacións de Empanadas Ternura, Queixo Galmesán e Algas Mar de Ardora.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...