O PEL da Deputación impulsa a modernización do sector agrogandeiro na provincia da Coruña

24 Xaneiro 2025

597 explotacións beneficiáronse de axudas en 2024 para crear emprego, pagar cotas de autónomos e investir en tecnoloxía avanzada

Remitido

A Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local (PEL), continúa fomentando o desenvolvemento do sector agrogandeiro na provincia. Durante o ano 2024, un total de 597 explotacións agrícolas e gandeiras recibiron axudas destinadas a creación de emprego, modernización das instalacións e financiamento das cotas de autónomos.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, visitou a granxa de vacún Ramos Alvite, situada na parroquia de Santa María de Maroñas (Mazaricos), onde destacou o impacto positivo destas axudas. Acompañado pola deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán Cancelo, e polos propietarios da granxa, Secundino Ramos e Marcos Ramos Alvite, Formoso percorreu as instalacións e abordou os retos e oportunidades do sector primario.

Innovación na granxa Ramos Alvite

A granxa Ramos Alvite, con case 200 vacas, é un exemplo de aposta pola innovación e a tecnoloxía. Entre as melloras realizadas inclúense unha moderna plataforma de ordeño, sistemas de control individualizado para monitorizar a saúde do gando e detectar incidencias, así como equipos automatizados para o mantemento dos establos.

Un dos investimentos destacados é un robot arrimador de comida, adquirido cunha axuda de 17.500 euros do PEL 2024. Este dispositivo autónomo encárgase do suministro de alimento ao gando e da limpeza dos pasillos de alimentación, reducindo significativamente as horas de traballo manual.

Resultados das axudas do PEL no sector primario

O Plan de Emprego Local destinou en 2024 axudas a 597 explotacións da provincia, das cales:

  • 90 foron destinadas á creación e mantemento de postos de traballo.
  • 99 apoiaron investimentos en modernización e tecnoloxía.
  • 639 cubriron o financiamento das cotas de autónomos.

Formoso subliñou que “a granxa Ramos Alvite é un exemplo da aposta pola innovación e as novas tecnoloxías na busca dunha maior eficiencia produtiva” e destacou a relevancia do PEL para fortalecer o sector primario, que continúa a ser un pilar esencial na economía e no emprego rural da provincia.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.