O parque de Vista Alegre en Outes incrementará a súa masa arbórea con medio cento de freixos

20 Xaneiro 2025

Os xoves 23 de xaneiro retómanse as plantacións de frondosas autóctonas como parte das intervencións de voluntariado ambiental para a renaturalización fluvial do río Tins no Concello de Outes. Desta volta as persoas participantes plantarán medio cento de freixos (Fraxinus excelsior) e ameneiros (Alnus glutinosa), árbores frondosas propias dos bosques de ribeira, a carón do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano da Serra de Outes.

O obxectivo da acción, que forma parte do proxecto Renatur_Outes e que conta coa participación da Asociación ADISBISMUR é dobre: consolidar os noiros do río para evitar erosión e danos durante os episodios de enchentes e contribuír á recuperación dos ecosistemas de ribeira, pois estas árbores teñen unha especial importancia como refuxio de invertebrados bentónicos e pequenos invertebrados. Con esta acción xa son medio milleiro de árbores e arbustos plantados nas ribeiras do Tins.

Pódese apuntar calquera persoa e de calquera idade enviando un email a info@montescola.org ata o mércores 22. Os traballos comezarán ás 10:00 e seguiranse ata as 13:30 aproximadamente, aproveitando a xornada para continuar coa eliminación simultánea de especies exóticas invasoras como a tradescantia ou crocosmia. O punto de encontro será o parque de Vista Alegre.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

Martes 20, marcado pola choiva e o vento do sur

As Rías Baixas e a comarca de Santiago quedarán este martes baixo a influencia das baixas presións situadas ao sur de Irlanda, que enviarán a Galicia unha nova fronte activa. A situación traerá ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas, que serán máis intensas e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.