O Concello de Ribeira saca a poxa pública 12 prazas de garaxe e 14 rochos

20 Xaneiro 2025

O Concello de Ribeira sacou a poxa pública 12 prazas de garaxe e 14 rochos (trasteiros). Dita poxa está publicada no perfil de contratante, na sede electrónica do Concello, e máis no taboleiro de anuncios da web do concello. Segundo se explican nas bases, cada licitador poderá presentar proposicións até un máximo de dez (10) prazas de garaxe e rochos que desexe por orde de preferencia, tendo en conta que non poderá ser adxudicatario de máis de dúas prazas de garaxe e dous rochos, salvo que non se presenten outras ofertas ás mesmas.

Tamén se fai saber que unha mesma persoa non poderá presentar, no seu propio nome, máis dunha proposición, xa concorra de forma individual ou de forma conxunta con outras. O incumprimento desta prohibición supoñerá a inadmisión de todas as proposicións por el subscritas.

A venda realízase en concepto de “corpo certo”, de conformidade co disposto no artigo 1.471 do Código Civil, por tanto, segundo se engaden nos pregos das bases, “no seu actual estado xurídico, construtivo, de mantemento e conservación, cuxas circunstancias físicas e xurídicas consideraranse coñecidas polo adxudicatario, polo que non caberá reclamación algunha por razón de diferenzas de superficie, en máis ou en menos, nin como consecuencia de cargas ou outras condicións que lles afecten, coma o estado de conservación, non constituíndo por tanto, causas de impugnación ou resolución da adxudicación”.

O prazo para a presentación de ofertas será de 45 días naturais a contar desde o día seguinte ao de publicación do anuncio no perfil do contratante do concello (ata o día 03/03/2025-23:59 horas).

A presentación deberá facerse de xeito telemático a través do portal de contratación da Xunta de Galicia ou no Rexistro Municipal de Entrada do Concello sito na seguinte dirección, xa sexa de forma presencial ou por correo (unicamente para persoas físicas non obrigadas a relacionarse electronicamente coa Administración).

Nove prazas de garaxe están emprazadas no no 12 da rúa Xohana Torres e tres prazas no 45-B da rúa Alcalde Fernández Bermúdez. Os rochos, sete están no edificio 12 de Xohana Torres e os sete restantes no número 44 da rúa Cristóbal Colón.

A concelleira de Facenda, Herminia Pouso manifestou “que a recadación da poxa adicarase ao financiamento de investimentos”.

Pola súa banda, o alcalde de Ribeira declarou que “esta iniciativa xorde de comprobar como estas prazas de garaxe e rochos non estaban sendo utilizados pola Administración Local polo que se decidiu poñelos á venda”. Segundo informou Pérez Barral, isto permite ao Concello “optimizar os seus recursos e ofrecer á cidadanía a oportunidade de adquirir inmobles a prezos competitivos. Convidamos a todas as interesadas a participar neste proceso de subhasta, que se realizará coa transparencia e equidade necesarias”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.