O Concello de Ribeira apoia á veciñanza de Aguiño para que Sanidade cubra as vacantes médicas do termo

17 Xaneiro 2025

Este venres 17 de xaneiro celebrouse diante do Concello de Ribeira unha concentración cidadá masiva na que se fixo entrega de máis de 2.600 sinaturas para reclamar a presenza de médicos a tempo completo no centro médico de Aguiño. A mobilización, organizada pola veciñanza, é froito da indignación e preocupación crecente pola falta de recursos sanitarios que afecta a este núcleo poboacional.

O concelleiro delegado de Sanidade, Juan Luis Furones sinalou que “o problema é que se prioriza os medios técnicos sobre os medios humanos e os medios humanos son tan importantes ou máis cós técnicos, ao final a medicina no fondo é un labor diagnóstico que os ordenadores non son capaces de facer porque é un traballo que se aprende co trato e coa convivencia do paciente. A proximidade é un dos factores que máis influencia ten na recuperación dos pacientes e no diagnóstico correcto e o tratamento correcto dos mesmos. A miña postura propia como médico e como concelleiro de Sanidade é que non só é importante atender aos pacientes senón atendelos nunhas condicións que sexan óptimas; que ao final o paciente teña que desprazarse o menos posíbel para facerse unha proba ou diagnóstico”.

Pola súa banda, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, xunto cos concelleiros e concelleiras do Goberno, quixo mostrar o seu apoio firme e contundente a esta demanda cidadá que cualificou de “xusta”. E engadiu que “dende o Goberno local imos estar a carón da xente de Aguiño e, como alcalde, estou, e sempre estarei, a carón da veciñanza nesta loita por unha atención sanitaria digna. Non é aceptábel que os veciños e veciñas teñan que estar agardando até tres semanas ou máis para que os atenda o seu médico de cabeceira”, declarou, insistindo en que a Administración Municipal non escatimará esforzos e ponse á disposición da Consellaría de Sanidade para poder solucionar este problema, afirmando que “a saúde non pode ser unha cuestión secundaria, é un dereito básico que debe ser garantido sen excepcións e con medidas que garantan a atención digna”. Pérez Barral informou que o vindeiro luns haberá dúas médicas en Aguiño pero tamén lembrou que segue existindo un problema xa que no Centro de Saúde de Ribeira faltan 5 dos 14 médicos que debería haber.

Para o alcalde e o concelleiro, a entrega das sinaturas “simboliza o compromiso e a unión da veciñanza de Aguiño na loita por un sistema sanitario máis xusto e eficiente”. Pérez Barral deu os parabéns á veciñanza por defender tan dignamente os seus dereitos fundamentais e incidiu en que o Concello apoiará as acción destinadas a lograr este obxectivo pero tamén poñéndose a disposición do Servizo Galego de Saúde para colaborar no que sexa preciso. “Este Goberno municipal é un aliado dos nosos veciños e veciñas para que se garanta unha atención sanitaria pública, universal e de calidade”, concluíu o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.