O Concello de Rianxo impulsará a creación dun Consello Municipal de Mar

27 Xaneiro 2025

O Concello de Rianxo anunciou nesta recta final de xaneiro que vai impulsar a posta en marcha dun Consello Municipal do Mar, unha medida coa que o Goberno de Julián Bustelo quere saír o paso dos datos negativos e preocupantes sobre o estado actual da actividade marisqueira, que poñen de manifesto unha notábel caída da produción na ría de Arousa, na cal “todas as lonxas pecharon o ano cun descenso do 50% nas vendas de bibalvos con respecto á media dos cinco anos precedentes”.

“Con esta iniciativa buscamos aglutinar a todos os axentes implicados na defensa do sector pesqueiro e do sector marisqueiro do municipio e establecer un foro de debate e participación no que abordar a situación que se está vivindo”, sinalou Olalla Figueira, concelleira de Mar e Participación Veciñal, que engadiu que “estamos a traballar nunha proposta de regulamento do Consello que remitiremos ás partes implicadas nos próximos días”. A edil destacou que “é o momento de deixar de lado calquera diferenza para traballar conxuntamente na defensa dun sector produtivo fundamental para Rianxo”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.