O Concello de Muros recupera a antiga Escola Unitaria de Serres para convertela nun espazo de educación ambiental

22 Xaneiro 2025

O Concello de Muros recuperará a antiga Escola Unitaria da parroquia de Serres para o proxecto da Aula Sostible dos Outeiriños. Segundo explicou a alcaldesa María Lago, este histórico edificio acollerá un espazo de traballo colaborativo entre distintas entidades, impulsando “un programa de educación e sensibilización medio ambiental e do sector pesqueiro”, explica a alcaldesa de Muros, María Lago.

En concreto, o proxecto divide a antiga escola unitaria en dúas zonas diferenciadas: por unha banda, no andar baixo habilitarase un lugar adicado á recuperación de plásticos, no que o Concello traballará de forma conxunta coa asociación inclusiva local ADISBISMUR e a Asociación de Mulleres do Mar, colaborando coa Aula Sostible do Freixo. No andar superior haberá un espazo de educación ambiental que acollerá actividades para a veciñanza.

O proxecto ten un orzamento que rolda os 375.000 euros e as obras rematarán no ano 2026. O Concello de Muros aportará 174.837, 69 euros e recibira unha axuda do GALP de 198.878,91 euros.

“Queremos que sexa un espazo totalmente accesíbel, con outro proxecto para recuperar tamén o uso dos exteriores; a rehabilitación da antiga escola unitaria servirá para dinamizar o tecido asociativo da parroquia de Serres e as actividades da veciñanza”, engadiu a alcaldesa de Muros.

Recoñecemento

A rexedora tamén salientou o recente recoñecemento á iniciativa do GALP Costa Sostible, xunto a outros proxectos “que encaixamos nos obxectivos de economía azul, medio ambiente e cogobernanza”.

Ramón Sestayo, presidente de ADISBISMUR recolleu o recoñecemento polo proxecto Pinea; Adela Lestón, presidenta das mariscadoras a pé de Muros, a distinción pola ampliación da Aula Sostible do Freixo, e María Lago o recoñecemento polo proxecto da Aula Sostible dos Outeiriños. Espazo de Educación Ambiental.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.