O Concello de Boiro e o grupo Turbina amosan á deputada Soledad Agra o seu traballo en igualdade

10 Xaneiro 2025

A deputada de Igualdade, Soledad Agra, visitou este xoves 9 de xaneiro o Concello de Boiro para coñecer o traballo do Goberno local en materia de igualdade e o labor desenvolvido polo grupo de voluntariado Turbina. Na visita estivo acompañada polo alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Política Sociais, Raúl Treus, e as concelleiras de Ensino, Carmen Silva; e Cultura, María Outeiral.

O alcalde debullou ante a deputada iniciativas como o programa Muller e Saúde, que desenvolve actividades durante todo o ano que buscan promover o benestar físico, mental e emocional da muller. Tamén explicou os detalles dun protocolo que comezou a aplicarse este ano para a prevención de violencias no ocio e mediante o cal achegouse formación aos locais de hostalaría e membros de asociacións e comisión de festas para saber como actuar.

O Concello de Boiro desenvolve tamén nos centros de ensino un programa de saúde integral, denominado proxecto EnClave, no que inviste neste curso 65.000 euros para levar a cabo actividades de prevención de acoso escolar e promover o benestar emocional e a saúde mental.

Durante e visita estiveron tamén co grupo de voluntariado Turbina, un grupo de mozos e mozas que, xunto co educador social do Concello, desenvolven actividades de promoción da diversidade como é o Día do Orgullo ou as Raíñas Magas, e colaboran coa administración e outras entidades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.