Boiro colabora con BarbanTEA para garantir unha recepción dos Reis Magos inclusiva

03 Xaneiro 2025

O Concello de Boiro colabora coa Asociación BarbanTEA para garantir unha recepción dos Reis Magos inclusiva, o vindeiro domingo entre as 11.30 e as 13.30 horas no local Leñaverde do Centro Social de Boiro. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Ensino, Carmen Silva, participaron na presentación xunto con Patricia Halcón e Milagros Torrado, membros da Asociación.

Esta actividade está destinada a un público infantoxuvenil, principalmente aquel que teña hipersensibilidade ou diversidade funcional que lle dificulte a súa asistencia á Cabalgata ou recepción dos Reis Magos pola cantidade de estímulos auditivos ou visuais.

“Dende o Concello de Boiro estamos moi contentos de colaborar con iniciativas como esta da Asociación BarbanTEA que redundan en melloras da calidade de vida dos nosos nenos e nenas, especialmente aqueles que padecen autismo ou algunha diversidade funcional”, afirmou o alcalde.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...